A Marea Atlántica é finalmente a lista máis votada por 5 votos tras un novo reconto da Xunta Electoral. O PP amosa discrepancias por 56 votos nulos que prevé impugnar, xa que ten de prazo ata o xoves. A plataforma cidadá recibiu 36.843 apoios fronte aos 36.838 dos populares.
