Lugonovo reitera a súa negativa a apoiar a López Orozco para a alcaldía de Lugo, pero abre as portas a un acordo co PSdeG-PSOE se muda o seu candidato: "Co señor Orozco non temos nada de que falar, co PSOE hai un camiño que andar". "Non estamos dispostos a aceptar cambalaches ou trasegos de cromos a cambio de posibles ofertas de sillóns no Consistorio", engade.
Fálase
O PP ofrécelle ao PSdeG a alcaldía de Rianxo para evitar que o actual alcalde, do BNG, siga gobernando. O Bloque logrou 6 edís nas eleccións, mentres que os populares perderon un representante e ficaron con 5 e os socialistas son terceira forza, con 4. Cóntao La Voz
O presidente da CEOE, Joan Rosell, insta os novos alcaldes e alcaldesas a "esquecer os seus programas" para xestionar "a realidade". Recólleo Reuters
Mar Barcón ratifica que o PSdeG "facilitará" a investidura de Xulio Ferreiro e desbota un pacto co PP para impedir que goberne a Marea Atlántica. Recólleo Europa Press
A galega Verónica Boquete ficha polo Bayern de Múnic logo de abandonar o Frankfurt, co que acadou a Liga de Campións.
A galega Verónica Boquete ficha polo Bayern de Múnic logo de abandonar o Frankfurt, co que acadou a Liga de Campións.
Os sindicatos cifran nun 40% o boicot á reválida e a Confapa destaca que a ausencia de alumnos é maior no rural que nas cidades pola dificultade de "conciliación". A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestouse contra a proba. Máis información, hoxe en Praza.
O PP perdeu 513 maiorías absolutas en todo o Estado. O partido podería deixar de gobernar sobre 17 millóns de cidadáns en España, segundo os datos que achega El Mundo.
Os alumnos de 3º de Primaria realizan hoxe a reválida entre o boicot de moitas familias e o rexeitamento da comunidade educativa. Uns 22.000 alumnos están convocados a unha polémica proba. Máis información, hoxe en Praza.
Podemos Catalunya ábrese a unha candidatura de confluencia para as vindeiras autonómicas ao xeito de Barcelona en Comú pero mantén a idea de empregar as súas propias siglas.