Sanidade autorizará a venda en farmacias da vacina da meninxite B. Feijóo anunciou que se poderá comprar "en poucos meses" logo das protestas de numerosos colectivos sociais.
Fálase
O xuíz abre xuízo oral no caso da caixa B do PP e esíxelle ao partido 1,2 millóns de euros en concepto de fianza. En Eldiario.es
Prodúcese un rexistro policial no Concello de Pol, segundo informa a Radio Galega
Xavier Trias abre a porta a ser alcalde en Barcelona e busca un acordo con ERC e PSC. O alcalde en funcións resístese a ceder a alcaldía a Ada Colau, que liderou a lista máis votada e anunciou xa contactos con varias formacións.
A Marea Atlántica é finalmente a lista máis votada por 5 votos tras un novo reconto da Xunta Electoral. O PP amosa discrepancias por 56 votos nulos que prevé impugnar, xa que ten de prazo ata o xoves. A plataforma cidadá recibiu 36.843 apoios fronte aos 36.838 dos populares.
Case mil persoas pediron o cheque social en Vigo nas dúas primeiras semanas. A elevada demanda deste programa para os máis necesitados provoca ringleiras á hora de solicitar a axuda.
Feijóo reunirase con Caballero seis anos despois do seu único encontro oficial. O alcalde de Vigo leva tempo reclamando unha xuntanza co presidente da Xunta que non se levou a cabo desde 2010.
Pablo Iglesias insiste en que Podemos non entrará en ningún goberno co PSOE se esta é a forza maioritaria, aínda que que facilitará a súa investidara "se rectifica". O líder ve na súa formación a mellor ferramena para lograr a unidade popular.
Máis de 60 municipio e 'chiringuitos' pagan as súas facturas fóra do prazo legal. A Gudiña e Mos tardan máis de dous meses cando a norma exixe 30 días.
O reconto de votos en Ferrol e Chantada -que foi revisado este mércores por distintas incidencias- finaliza sen alterar a distribución de concelleiros coñecida o domingo. INTA mantén a súa maioría absoluta na vila lucense e na cidade departamental Ferrol en Común poderá, previsiblemente, formar un goberno alternativo ao PP. A Coruña e Mondoñedo teñen aínda pendente o reconto definitivo, que determinará o goberno da vila mindoniense e a forza máis votada na cidade herculina