A Conferencia das Nacións Unidas do Cambio Climático en Doha péchase cun acordo moi limitado de prorrogar até 2020 os acordos de Kioto, pero perde o apoio de Xapón, Rusia, Canadá e Nova Zelanda, co que as emisións de CO2 dos participantes supoñen só o 15% das emisións globais.
Fálase
Chávez sinala o vicepresidente Nicolás Maduro como o seu sucesor. Hugo Chávez fixo esta suxestión despois de anunciar que debe someterse a unha nova intervención cirúrxica polo cancro que padece.
Mala xornada para os equipos galegos de fútbol-sala. O Azkar Lugo perdeu 7-4 en Mataró, o Santiago Futsal caeu en Navarra 5-3 e o Burela empatou na casa ante o Gáldar Gran Canaria.
O Lugo derrota o Almería 0-1 cun gol de Óscar Díaz. Os lucenses acadan a súa primeira vitoria a domicilio e fano no campo do segundo clasificado.
Os traballadores e traballadoras do Parador de Baiona maniféstanse en defensa dos seus postos de traballo, no remate do segundo dia de folga. Foto via @_Oscar_Sanchez
Berlusconi confirma que se presentará ás eleccións despois da crise do Goberno tecnócrata de Mario Monti, provocada polo propio partido de Berlusconi, o PDL, ao retirarlle o seu apoio na cámara. Di que regresa "por responsabilidade" e "para vencer"
O xuiz Santiago Vidal denuncia nunha conferencia no Congreso Internacional contra a Represión que "un terzo do colectivo xudicial é do Opus Dei" e destaca o impacto do 15M: "vós credes que sen ese movemento de indignación o señor Díaz Ferrán estaría hoxe na cadea?"
Dous afectados polas preferentes inician unha acampada na sucursal de Cangas de Novagalicia Banco. Piden a devolución dos seus cartos.
O exército exipcio afirma que "protexerá os cidadáns inocentes" e pide "diálogo" en resposta á petición do presidente Morsi de que reprima as protestas cidadás xunto coa policia.
Poñen en marcha unha web que ofrece unha visualización en tempo real da localización dos nacementos e mortes no Estados Unidos