O Lugo derrota o Almería 0-1 cun gol de Óscar Díaz. Os lucenses acadan a súa primeira vitoria a domicilio e fano no campo do segundo clasificado.
Fálase
- Os traballadores e traballadoras do Parador de Baiona maniféstanse en defensa dos seus postos de traballo, no remate do segundo dia de folga. Foto via @_Oscar_Sanchez   
- Berlusconi confirma que se presentará ás eleccións despois da crise do Goberno tecnócrata de Mario Monti, provocada polo propio partido de Berlusconi, o PDL, ao retirarlle o seu apoio na cámara. Di que regresa "por responsabilidade" e "para vencer" 
- O xuiz Santiago Vidal denuncia nunha conferencia no Congreso Internacional contra a Represión que "un terzo do colectivo xudicial é do Opus Dei" e destaca o impacto do 15M: "vós credes que sen ese movemento de indignación o señor Díaz Ferrán estaría hoxe na cadea?" 
- Dous afectados polas preferentes inician unha acampada na sucursal de Cangas de Novagalicia Banco. Piden a devolución dos seus cartos.   
- O exército exipcio afirma que "protexerá os cidadáns inocentes" e pide "diálogo" en resposta á petición do presidente Morsi de que reprima as protestas cidadás xunto coa policia. 
- Poñen en marcha unha web que ofrece unha visualización en tempo real da localización dos nacementos e mortes no Estados Unidos   
- Juan Varela analiza en El Diario o novo canon dixital aprobado polo Goberno este venres: "xa non é só inxusto e indiscriminado porque o pagan os consumidores de electrónica: agora págano todos os contribuintes cos seus impostos vía os Orzamentos do Estado" 
- Gaza celebra hoxe o 25 aniversario de Hamas. O seu lider, Khaled Meshaal, dará un discurso ante ducias de milleiros de persoas.   
- Tuenti incorpórase a Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial.