Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais nos últimos 5 anos. Carballo (Carballo), Montes (Cualedro), O Pereiro (A Mezquita) e Pontellas (O Porriño) encabezan a lista. Ames impulsa un programa para plantar un milleiro de castiñeiros, nogueiras, abrairas e cerdeiras como forma de loitar contra o lume
Fálase
Este domingo péchase en Combarro o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Un recital poético, presentacións editoriais ou o proxecto Sentir o mar de navegación para persoas cegas protagonizaron a derradeira xornada
Vén de botar a andar no MARCO a investigación Vigo Rebelde, o metal en loita, un proxecto experimental e colectivo que percorre o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade
A folga do transporte por estrada vivirá este luns unha xornada clave, coas xuntanzas que o Goberno galego manterá coa patronal do sector (10 horas) e cos sindicatos (16 horas), e que darán continuidade ao encontro a tres bandas que a Xunta aceptou manter o pasado xoves, despois de varios días de negativas.
A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. O premio entregarase o vindeiro 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, en Vilagarcía de Arousa.
O arquitecto Alejandro de la Sota será o homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2018, que se celebrará o 1 de abril. A Real Academia Galega de Belas Artes sinala que é "probablemente, o máis notable dos arquitectos españois da segunda metade do século XX" O obxectivo da celebración, sinala a Academia, é "sensibilizar a sociedade do valor patrimonial da cultura de Galicia".
Centos de milleiros de persoas participan en Madrid na manifestación do Orgullo
Os alcaldes independentistas comprométense a cederlle locais ao Govern para o referendo. O compromiso foi apoiado por 500 rexedores nun acto celebrado este sábado en Barcelona
As tripulacións dos 120 barcos que participan en Combarro no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais renderon homenaxe este sábado a todos os que deixaron a vida no mar. Sirenas, bucinas e adarras resoaron para lembrar, moi especialmente, os tripulantes do pesqueiro Nuevo Marcos.
Lugo vive esta fin de semana o Arde Lucus. A programación completa pódese consultar aquí