Lugo vive esta fin de semana o Arde Lucus. A programación completa pódese consultar aquí
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5957954ee330d-image-back-center.jpg)
Lugo vive esta fin de semana o Arde Lucus. A programación completa pódese consultar aquí
O 58% dos mellores expedientes do Bacharelato en Galicia corresponden a mulleres. A USC reuniu este venres as 347 mellores notas dos e das estudantes que veñen de rematar o ensino secundario.
2.5 millóns de persoas participarán na marcha do Orgullo de Madrid, na que desfilarán un total de 52 carrozas, un 40% máis que en anos anteriores, e polas que se chegan a pagar ata 9.000 euros.
Os presos de ETA aceptan maioritariamente a legalidade penitenciaria. Un 73% apoia o documento que lles permitirá aos reclusos individualmente entrar na roda dos beneficios penitenciarios
O persoal de Ferroatlántica na Costa da Morte confirma en asemblea que irá á folga o día 8 contra a venda das centrais. "Se a Xunta accede a suprimir a prohibición de segregar as actividades será por decisión política", advirten.
O pleno da Deputación da Coruña rexeita os peches de colexios nas Pontes e Outes e insta a Xunta a "reconsiderar" a decisión "unilateral". A moción, formulada por Compostela Aberta e asinada e presentada conxuntamente con PSOE, BNG, Marea Atlántica, e Alternativa dos Veciños, tivo a abstención do PP, cuxo voceiro, Agustín Hernández, defende que se trata dunha "reorganización escolar" baseada en "criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión de recursos". Os peches foron rexeitados este xoves cunha manifestación en Santiago.
A Audiencia de Madrid ordena reabrir o 'caso Jimmy' polo asasinato dun siareiro do Deportivo na contorna do Vicente Calderón. Segundo avanza a axencia EFE e recolle a TVG, o tribunal revoga o arquivo da causa e ordena realizar novas dilixencias.
ÚLTIMA HORA | O Goberno de España volve vetar o traspaso da AP-9 a Galicia, segundo vén de revelar En Marea. Máis info decontado en Praza.gal. Consulta aquí toda a información sobre o informe ao que tivo acceso Praza.gal.
Alemaña ergue o veto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo malia ao voto en contra de Merkel
Nace en Ourense a plataforma cidadá Tren Digno en defensa da integración da Alta Velocidade e dunha estación que mellore a configuración urbana da cidade. Unhas 300 persoas participaron na primeira asemblea