O persoal de Ferroatlántica na Costa da Morte confirma en asemblea que irá á folga o día 8 contra a venda das centrais. "Se a Xunta accede a suprimir a prohibición de segregar as actividades será por decisión política", advirten.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/595682615ba6d-58eb416f52548-17-02-10-concentracinferroatlantica-cee-00.jpg)
O persoal de Ferroatlántica na Costa da Morte confirma en asemblea que irá á folga o día 8 contra a venda das centrais. "Se a Xunta accede a suprimir a prohibición de segregar as actividades será por decisión política", advirten.
O pleno da Deputación da Coruña rexeita os peches de colexios nas Pontes e Outes e insta a Xunta a "reconsiderar" a decisión "unilateral". A moción, formulada por Compostela Aberta e asinada e presentada conxuntamente con PSOE, BNG, Marea Atlántica, e Alternativa dos Veciños, tivo a abstención do PP, cuxo voceiro, Agustín Hernández, defende que se trata dunha "reorganización escolar" baseada en "criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión de recursos". Os peches foron rexeitados este xoves cunha manifestación en Santiago.
A Audiencia de Madrid ordena reabrir o 'caso Jimmy' polo asasinato dun siareiro do Deportivo na contorna do Vicente Calderón. Segundo avanza a axencia EFE e recolle a TVG, o tribunal revoga o arquivo da causa e ordena realizar novas dilixencias.
ÚLTIMA HORA | O Goberno de España volve vetar o traspaso da AP-9 a Galicia, segundo vén de revelar En Marea. Máis info decontado en Praza.gal. Consulta aquí toda a información sobre o informe ao que tivo acceso Praza.gal.
Alemaña ergue o veto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo malia ao voto en contra de Merkel
Nace en Ourense a plataforma cidadá Tren Digno en defensa da integración da Alta Velocidade e dunha estación que mellore a configuración urbana da cidade. Unhas 300 persoas participaron na primeira asemblea
No segundo aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Alberto Núñez Feijoo defende o modelo de financiamento público-privado e cualifícao como "o mellor hospital de España".
O Goberno recorre a un crédito de 6.000 millóns para pagar as extra das pensións. Sacará, ademais, outros 3.500 millóns do fondo de reserva, un fondo reducido a 15.000 millóns a finais de 2016 e que contaba cuns 67.000 en 2010
Feijóo presenta como unha nova "lei de gasto social" a modificación orzamentaria obrigada polo orzamento do Estado. A demora en aprobarse as contas en Madrid fai que o Goberno galego conte agora con 230 millóns de euros máis, que destinará a aumentar un 1% o soldo de funcionarios e cargos públicos, medidas para incentivar a economía e partidas sociais como a Risga, que veu quedando escasa dende inicios do ano.
O estadio de Riazor pasará a chamarse Abanca-Riazor dentro da "ampliación do acordo comercial" do club coruñés co banco, que inclúe un crédito para cancelar a débeda con Facenda. Vén de confirmalo o presidente deportivista, Tino Fernández, xunto ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, vinte e catro horas despois de asinar o novo acordo do club co Concello, propietario do estadio.