A Audiencia de Madrid ordena reabrir o 'caso Jimmy' polo asasinato dun siareiro do Deportivo na contorna do Vicente Calderón. Segundo avanza a axencia EFE e recolle a TVG, o tribunal revoga o arquivo da causa e ordena realizar novas dilixencias.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59565de49b0ad-585ba0884f126-xustizparajimmy.jpg)
A Audiencia de Madrid ordena reabrir o 'caso Jimmy' polo asasinato dun siareiro do Deportivo na contorna do Vicente Calderón. Segundo avanza a axencia EFE e recolle a TVG, o tribunal revoga o arquivo da causa e ordena realizar novas dilixencias.
ÚLTIMA HORA | O Goberno de España volve vetar o traspaso da AP-9 a Galicia, segundo vén de revelar En Marea. Máis info decontado en Praza.gal. Consulta aquí toda a información sobre o informe ao que tivo acceso Praza.gal.
Alemaña ergue o veto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo malia ao voto en contra de Merkel
Nace en Ourense a plataforma cidadá Tren Digno en defensa da integración da Alta Velocidade e dunha estación que mellore a configuración urbana da cidade. Unhas 300 persoas participaron na primeira asemblea
No segundo aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Alberto Núñez Feijoo defende o modelo de financiamento público-privado e cualifícao como "o mellor hospital de España".
O Goberno recorre a un crédito de 6.000 millóns para pagar as extra das pensións. Sacará, ademais, outros 3.500 millóns do fondo de reserva, un fondo reducido a 15.000 millóns a finais de 2016 e que contaba cuns 67.000 en 2010
Feijóo presenta como unha nova "lei de gasto social" a modificación orzamentaria obrigada polo orzamento do Estado. A demora en aprobarse as contas en Madrid fai que o Goberno galego conte agora con 230 millóns de euros máis, que destinará a aumentar un 1% o soldo de funcionarios e cargos públicos, medidas para incentivar a economía e partidas sociais como a Risga, que veu quedando escasa dende inicios do ano.
O estadio de Riazor pasará a chamarse Abanca-Riazor dentro da "ampliación do acordo comercial" do club coruñés co banco, que inclúe un crédito para cancelar a débeda con Facenda. Vén de confirmalo o presidente deportivista, Tino Fernández, xunto ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, vinte e catro horas despois de asinar o novo acordo do club co Concello, propietario do estadio.
#CETA O pleno do Congreso aproba o acordo de libre comercio con Canadá con 179 votos a prol (PP, Ciudadanos, PNV e PdeCat), 79 en contra (Podemos e confluencias, Compromís e ERC) e 81 abstencións do PSOE. Os populares cargaron contra o PSOE por deixar de apoiar o tratado.
VÍDEO | O BNG lanza a proposta Un paso adiante para "reclamar un novo status de Galiza que nos recoñeza como nación". O documento íntegro, que trasladarán ao Parlamento, está dispoñible nesta ligazón