As tripulacións dos 120 barcos que participan en Combarro no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais renderon homenaxe este sábado a todos os que deixaron a vida no mar. Sirenas, bucinas e adarras resoaron para lembrar, moi especialmente, os tripulantes do pesqueiro Nuevo Marcos.
