A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén de anunciar a concesión do Premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro. O galardón entregarase durante a Gala dos XX Premios de Teatro María Casares, que terá lugar o vindeiro 30 de marzo na Coruña.
