O Estado entregou cinco millóns en axudas a unha entidade de autónomos sen socios nin actividade. A policía acusa a Administración de "facilitar" que Caype fose considerada unha das organizacións máis representativas.
Fálase
Esquerda Unida esixe a dimisión de José Luis Iravedra, o conselleiro da TVG imputado polo carrexo de anciáns en Lugo nas autonómicas de 2012. EU actúa como acusación e testemuña neste presunto delito electoral.
O Goberno galego pregúntalle á Xunta Electoral Central pola influencia que terían na configuración das deputacións as unións de concellos. Cóntao La Voz
O tren Ourense-Santiago deixa de ser considerado AVE na revista de Adif tras ser empregada como proba no proceso xudicial de Angrois. Cóntao David Reinero en El País
Teresa Romero supera a infección do ébola tras dar negativo na segunda proba realizada.
O xuíz do caso Bárcenas cita como imputado a Ángel Acebes para indagar se quedou con fondos da caixa de diñeiro negro do PP. Cóntao El Diario
Xosé Manuel Carril é xulgado esta mañá por opoñerse ao desfiuzamento de Aurelia Rey. O voceiro do BNG na Coruña foi apoiado na entrada dos xulgados por varias persoas, entre elas o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence.
O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, presentaron a nova plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas. A colección en liña GaliciaLe dispón dun catálogo de 1.710 títulos
A Policía atribúelle a Gerardo Crespo un patrimonio de 4 millóns de euros. O presunto líder da trama Zeta mantivo ante a Xustiza que está "arruinado", segundo recolle o xornal ABC
España é o terceiro estado da UE con máis persoas que traballan pero son pobres. Só a superan Romanía e Grecia. Cóntao El Diario