Rajoy visita as obras do AVE na provincia de Ourense e, tras meses de demoras e incerteza nas obras, asegura que o prazo de remate se mantén en 2018. Durante a súa comparecencia en Celanova o presidente do Goberno central mostrouse satisfeito por visitar a "provincia de Orense" e subliñou que xa fixera o propio "en La Coruña" a pasada semana.
