O Consello de Informativos de TVE censura a "trivialización" da información que está a impoñer a dirección do ente público. Recólleo a web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Fálase
Doafund, o servizo que permite axudar mediante doazóns en liña a familias en risco de desafiuzamento, modifica a súa web, que se fai máis transparente e intuitiva
La Marea entrevista a Teresa Forcades e Esther Vivas, que veñen de lanzar o libro Sin miedo. Afirman que “os que mandan teñen medo daqueles que desobedecen”
A Guardia Civil retira unha bandeira da II República Española da casa do Concello dunha vila de Salamanca. En Infolibre
A Xunta recortou 2.000 millóns de gasto nun ano, sobre todo pola baixada en pago de nóminas e o descenso nos investimentos de case o 25%.
O Sergas inviste o aforro farmacéutico en pagar facturas e non en melloras sanitarias, aínda que está obrigada por lei a dedicar estes recursos á atención primaria sempre que "a economía o permita".
Facenda dá por boas facturas falsas para salvar a Infanta, que tería cometido delito se non se aceptasen xustificantes que a Administración Tributaria cualificara de "ficticios".
A fusión de Oza e Cesuras tan só aforra 6.000 euros ao ano en cargos públicos, unha décima parte do previsto, segundo conta El País.
Morre o ex xeneral golpista Alfonso Armada, un dos cerebros do 23-F e que fora condenado a 30 anos de cadea polo golpe militar.
Fútbol. Resultados de Terceira División.
Dorneda 1 - 2 Rápido de Bouzas
Choco 3 - 2 Alondras
Racing Vilalbés 2 - 1 Betanzos
Grixoa 0 - 1 As Pontes
Ordes 0 - 2 Pontevedra
Somozas 3 - 1 Fabril
Boiro 0 - 0 Barbadás
Cultural Areas 2 - 0 Laracha
Arousa 1 - 0 Bertamiráns
Negreira 0 - 1 Cerceda