A filial portuguesa da fabricante de cámaras fotográficas Leica vai aumentar o cadro de traballadores. Ademais, a firma "atribuiu aos trabalhadores um prémio monetário para compensar o corte do subsídio de Natal e a sua produtividade", recolle o Jornal de Negócios. "A Alemanha precisa de Portugal. Já houve tentativa de deslocalizar alguns produtos ou componentes. Fazemos aqui alguns produtos que são únicos no mundo", confesa o presidente, Carlos Mira.
Fálase
Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica o anuncio do contrato para o mantemento dos xardíns de Sogama. Como adiantou Praza Pública, pode chegar a custar ata 9.000 euros ao mes.
Alfoz e O Valadouro, camiño da fusión? Os concellos pediránlle un estudo á Xunta sobre a posible unión, que os concelleiros do BNG piden dende hai vinte anos. En El País.
As accións de Banco Pastor xa non cotizan na Bolsa de Madrid. Formalizada a absorción por parte de Banco Popular, a traxectoria do banco galego como entidade cotizada rematou cun valor bursátil superior aos 950 millóns de euros. Os últimos títulos comercializados estaban a 3,5 euros. Banco Pastor é xa unha marca unicamente.
Inditex abrirá este mércores unha das súas flagstores na Quinta Avenida de Nova York, como recolle o diario Cinco Días. A firma con sede en Arteixo inaugurará un novo Zara que suporá unha redefinición desta marca. Inditex empezará a vender nos Estados Unidos tamén por internet. A maior tenda do mundo da firma téxtil galega é a súa páxina web.
Acusan un sarxento do exército norteamericano de matar 16 civís este domingo en Afganistán, entrando casa por casa nunha aldea próxima á súa base militar. Hamid Karzai condenou o ataque e o presidente Obama e o Secretario de Defensa Leon E. Panetta prometeron xa abrir unha investigación.
Cúmprese un ano das primeiras manifestacións en Portugal da Geração à rasca. No Publico.pt analizan o fenómemo e o proceso que seguiu nos últimos meses.
Warren Buffet, terceiro home máis rico do mundo, garda parte da súa fortuna "no colchón", sen ingresalo en entidade financeira ningunha ou investilo en ningún valor. Segue un consello que lle deu o seu avó.
ARA publica unha entrevista con Ammar al-Wawi, número dous do Exército Libre de Siria, que denuncia que "Al-Assad utiliza avións espia israelís para detectar as nosas posicións"
O Congreso fará públicas na súa páxina as votacións dos deputados e deputadas colgará os vídeos de cada unha das súas intervencións