Israel prohíbe dende este luns que os palestinos utilicen os autobuses públicos. A medida foi adoptada polo Ministerio de Defensa polas presións de grupos de colonos e extremistas
Fálase
Edmundo Fayanas Escuer denuncia en SinPermiso, ao igual que fixera Manuel Lago, o "escándalo" da descapitalización xeral de Endesa, que se producirá este mércores a través dun reparto histórico de dividendo que beneficiará o seu principal accionista, a empresa italiana ENEL. Fayanas Escuer cualifica a operación como un exemplo do "estúpido e ladrón capitalismo español"
A Garda Civil detén o ex número dous de Esperanza Aguirre nunha redada contra a corrupción. O xuíz quere saber a orixe dos cartos en Suíza que garda Francisco Granados.
Rajoy refírese aos casos de corrupción que afectan ao PP como "algunhas cousas" e defende que o Goberno de España está a "actuar" para que non volvan suceder. Recólleo Galiciaé
Abanca supera o 'stress test' ás entidades bancarias europeas cun cociente de solvencia do 9,14%, 3,64 puntos por riba do esixido, segundo informa a entidade nun comunicado. O proxecto de fusión das antigas caixas e o Banco Pastor, agora parte do Popular, tamén superaran os test de 2010
O Frente Amplio gaña as eleccións no Uruguai pero terá que concorrer a unha segunda volta despois de que Tabaré Vázquez obtivese arredor do 46% dos votos.
Dilma Rousseff é reelixida presidenta do Brasil na segunda volta das eleccións, celebradas este domingo. A presidenta brasileira obtivo o 51,45% dos votos. Está a contalo Carta Capital
Na Terceira galega Choco, Alondras e Arousa lideran a clasificación.
Deportivo B 2-1 Racing Vilalbés
Alondras 1-0 Bertamiráns
Ribadumia 0-0 Xuventú Sanxenxo
Choco 3-1 Ordes
Rápido de Bouzas 1-1 Arousa
As Pontes 1-1 Barbadás
Pontevedra 1-0 Boiro
Ribadeo 1-0 Silva
Bergantiños 0-1 Cultural Areas
Cerceda 4-0 LarachaNa Segunda B, só gañou o Rácing de Ferrol (2-1 ante o Avilés). O Compostela empatou ante o Langreo (1-1) e o Somozas ante o Lealtad (2-2). Mentres, o Coruxo perdeu en Guijuelo (3-2) e o Celta B caeu na casa ante o Sporting B (0-3)
O Deportivo empatou ante o Espanyol (0-0) en Barcelona e suma sete puntos, dous por riba dos postos de descenso. Na Segunda División, o Lugo empatou na casa ante o Llagostera (1-1)