Diagonal ofrece unha reportaxe sobre o II Congreso da Economía Social e Solidaria, celebrado hai uns días en Bilbao
Fálase
A enquisa do Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) da Generalitat de Catalunya amosa un empate entre os partidarios da independencia (44,9%) e quen a rexeitan (45,1%). Ademais, Junts pel Sí e CUP perderían apoios, vendo en perigo a súa maioría absoluta.
Magín Blanco e Uxía póñenlle música a Manuel María no vídeo A Cidade, dirixido por Marcos Nine e Otto Roca, unha "narración do imaxinario da cidade de Ourense”. Trátase dunha iniciativa do colectivo Re.creo coa colaboración da Uvigo, Xunta e Deputación
Adolfo Suárez non someteu a monarquía a referendo porque as enquisas dicían que gañaría a república. Confesouno hai máis de vinte anos nunha gravación que agora ve a luz en La Sexta.
A fin de semana chegan dúas borrascas a Galicia, pero son absolutamente normais. Explícao 4gotas.com ante as alertas espalladas nas últimas horas.
VÍDEO | María Casares: "A miña patria é o teatro". Cineuropa ultima a homenaxe á emblemática actriz galega coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cadea por branquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia. Goza agora dun polémico segundo grao penitenciario que podería ter os meses contados.
Interior admite a trámite a solicitude de asilo dos sirios que chegaron a Marín en barco. Non é a aprobación definitiva, pero os sete mariñeiros poderán permanecer legalmente no Estado até que se resolva o procedemento. Cóntao Pontevedra Viva.
A UE pide multar a España polo deficiente saneamento en Vigo, Compostela e Ribeira. Bruxelas propón unha sanción de 46,5 millóns por incumprir as normas de depuración.
Lete Lasa será o novo presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), segundo adiantan varios medios. Vén de cesar como secretario xeral para o Deporte e será o substituto de Miguel Cardenal.