Magín Blanco e Uxía póñenlle música a Manuel María no vídeo A Cidade, dirixido por Marcos Nine e Otto Roca, unha "narración do imaxinario da cidade de Ourense”. Trátase dunha iniciativa do colectivo Re.creo coa colaboración da Uvigo, Xunta e Deputación
Fálase
Adolfo Suárez non someteu a monarquía a referendo porque as enquisas dicían que gañaría a república. Confesouno hai máis de vinte anos nunha gravación que agora ve a luz en La Sexta.
A fin de semana chegan dúas borrascas a Galicia, pero son absolutamente normais. Explícao 4gotas.com ante as alertas espalladas nas últimas horas.
VÍDEO | María Casares: "A miña patria é o teatro". Cineuropa ultima a homenaxe á emblemática actriz galega coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cadea por branquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia. Goza agora dun polémico segundo grao penitenciario que podería ter os meses contados.
Interior admite a trámite a solicitude de asilo dos sirios que chegaron a Marín en barco. Non é a aprobación definitiva, pero os sete mariñeiros poderán permanecer legalmente no Estado até que se resolva o procedemento. Cóntao Pontevedra Viva.
A UE pide multar a España polo deficiente saneamento en Vigo, Compostela e Ribeira. Bruxelas propón unha sanción de 46,5 millóns por incumprir as normas de depuración.
Lete Lasa será o novo presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), segundo adiantan varios medios. Vén de cesar como secretario xeral para o Deporte e será o substituto de Miguel Cardenal.
As empresas transnacionais e os gobernos paralizan no Cumio de Marrakech a posta en marcha do Acordo de París. As multinacionais fósiles e de infraestruturas protagonizan a cita en detrimento das organizacións sociais.
Refuxiados sirios piden asilo político logo de chegar a Marín en barco. As sete persoas viñan nunha embarcación das illas Comores. Cóntao Pontevedra Viva.