Refuxiados sirios piden asilo político logo de chegar a Marín en barco. As sete persoas viñan nunha embarcación das illas Comores. Cóntao Pontevedra Viva.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/582d62d4dae0f-sirios.jpg)
Refuxiados sirios piden asilo político logo de chegar a Marín en barco. As sete persoas viñan nunha embarcación das illas Comores. Cóntao Pontevedra Viva.
FCC falseou datos do lixo para defraudar 800.000 euros a Barcelona. O Concello leva o caso á Fiscalía tras descubrirse que a firma facturaba por servizos non realizados.
Vigo lidera a pesca en Europa ao xerar 3.500 millóns ao ano. Un estudo da CE compara a pegada económica e social da actividade. Só as descargas cífranse en 980 millóns fronte aos 266 de Sète (Francia).
O PP deixa a Pilar Rojo sen a presidencia da Comisión de Peticións do Congreso para recolocar a Fernández Díaz. O ex-ministro do Interior foi rexeitado polos grupos da esquerda como presidente da Comisión de Exteriores, elección inicial dos conservadores. O Grupo Popular vén de formalizar a remuda da ex-presidenta do Parlamento galego.
O Diario Cultural da Radio Galega dedicou ao "mundo único" de Narf a súa edición de hoxe, con voces e músicas para lembrar o artista, falecido este mércores e para quen se seguen a suceder agarimosas lembranzas.
VÍDEO | Un novo vídeo d'As MIR e unha noites explica, aproveitando a campaña #Movember, algunhas claves para a prevención do cancro de próstata e testículos
O fiscal do caso Angrois pide que a Axencia Ferroviaria da UE aclare se ADIF debeu analizar o risco da vía. Cóntao La Voz. A Fiscalía Xeral do Estado pediu o pasado setembro unha reflexión sobre o papel do Ministerio Público en investigacións como a do accidente do Alvia en Santiago.
Brasil volve apostar polo software propietario. O novo Goberno prepara unha compra masiva de licenzas de software e servizos de Microsoft, despois de 13 anos de compromiso co fomento do software libre.
Este martes comezou en Marrakech o Cumio do Cambio Climático, o primeiro que se celebra co Acordo de París en vigor. A cita preséntase con grandes ausencias e escasas espectativas e co temor a que se produzan pasos atrás.
Pedro Sánchez pide "esixir a dimisión de Fernández Díaz" que presidirá unha comisión do Congreso se o PSOE confirma o seu voto en branco e non apoia un candidato alternativo.