O Diario Cultural da Radio Galega dedicou ao "mundo único" de Narf a súa edición de hoxe, con voces e músicas para lembrar o artista, falecido este mércores e para quen se seguen a suceder agarimosas lembranzas.
Fálase
VÍDEO | Un novo vídeo d'As MIR e unha noites explica, aproveitando a campaña #Movember, algunhas claves para a prevención do cancro de próstata e testículos
O fiscal do caso Angrois pide que a Axencia Ferroviaria da UE aclare se ADIF debeu analizar o risco da vía. Cóntao La Voz. A Fiscalía Xeral do Estado pediu o pasado setembro unha reflexión sobre o papel do Ministerio Público en investigacións como a do accidente do Alvia en Santiago.
Brasil volve apostar polo software propietario. O novo Goberno prepara unha compra masiva de licenzas de software e servizos de Microsoft, despois de 13 anos de compromiso co fomento do software libre.
Este martes comezou en Marrakech o Cumio do Cambio Climático, o primeiro que se celebra co Acordo de París en vigor. A cita preséntase con grandes ausencias e escasas espectativas e co temor a que se produzan pasos atrás.
Pedro Sánchez pide "esixir a dimisión de Fernández Díaz" que presidirá unha comisión do Congreso se o PSOE confirma o seu voto en branco e non apoia un candidato alternativo.
A Generalitat culpa a Gas Natural da morte da anciá de Reus á que a compañía cortara a luz e que faleceu tras un incendio provocado por unha candea. Acúsaa de non ter avisado de que ía cortarlle o subiministro.
O Congreso inicia o proceso para paralizar a Lomce co voto en contra do PP. Todos os grupos, agás populares, UPN e Foro Asturias, apoian a proposición de lei do PSOE para suspender o que falta por implanar da lei: o efecto académico das reválidas.
O PP envía unha trintena de alcaldes á sede da Deputación de Pontevedra para, din, protestar por un reparto "autoritario" de fondos da entidade, gobernada por PSdeG e BNG. O goberno da entidade censura o que cualifica como "toma ilegal do salón de plenos" da institución, segundo informa Pontevedra Viva
A teimosía por xulgar o edil madrileño Guillermo Zapata supuxo un custo duns 100.000 euros, segundo fontes xurídicas citadas pola Cadena SER. A Audiencia Nacional vén de absolver o concelleiro de Ahora Madrid, xulgado por mensaxes publicadas hai anos en Twitter.