Este martes comezou en Marrakech o Cumio do Cambio Climático, o primeiro que se celebra co Acordo de París en vigor. A cita preséntase con grandes ausencias e escasas espectativas e co temor a que se produzan pasos atrás.
Fálase
Pedro Sánchez pide "esixir a dimisión de Fernández Díaz" que presidirá unha comisión do Congreso se o PSOE confirma o seu voto en branco e non apoia un candidato alternativo.
A Generalitat culpa a Gas Natural da morte da anciá de Reus á que a compañía cortara a luz e que faleceu tras un incendio provocado por unha candea. Acúsaa de non ter avisado de que ía cortarlle o subiministro.
O Congreso inicia o proceso para paralizar a Lomce co voto en contra do PP. Todos os grupos, agás populares, UPN e Foro Asturias, apoian a proposición de lei do PSOE para suspender o que falta por implanar da lei: o efecto académico das reválidas.
O PP envía unha trintena de alcaldes á sede da Deputación de Pontevedra para, din, protestar por un reparto "autoritario" de fondos da entidade, gobernada por PSdeG e BNG. O goberno da entidade censura o que cualifica como "toma ilegal do salón de plenos" da institución, segundo informa Pontevedra Viva
A teimosía por xulgar o edil madrileño Guillermo Zapata supuxo un custo duns 100.000 euros, segundo fontes xurídicas citadas pola Cadena SER. A Audiencia Nacional vén de absolver o concelleiro de Ahora Madrid, xulgado por mensaxes publicadas hai anos en Twitter.
ÚLTIMA HORA | Falece o músico Fran Pérez, Narf, unha das voces máis destacadas e queridas da música galega, especialmente recoñecido polas súas amplas ligazóns coa lusofonía. Nas últimas semanas tivo que cancelar diversos compromisos profesionais por mor da enfermidade que padecía. Narf compartiu un bo número de creacións con Uxía, das que falaban nesta entrevista.
Colombia intervén a filial de Gas Natural Fenosa no país para garantir a enerxía "para familias e industria". Electricaribe pasa por unha grave crise económica. Así o anunciou o ministro de Minas e Enerxía do Estado suramericano.
Viriato solicita a liquidación ao non mercarlle El Corte Inglés, o seu principal cliente, a campaña de primavera-verán. A empresa téxtil, con sede en Ordes, é outra das prexudicadas dunha crise desigual no sector.
CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), así é o nome da integración das principais cooperativas lácteas galegas, cuxos presidentes se reuniron hoxe con Feijóo na Xunta. Os dirixentes de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto presentáronlle a iniciativa ao Goberno galego.