O #CIS sitúa o PP como primeira forza en estimación de voto para as xerais pero cun 27,3%, seguida de Podemos cun 23,9% e do PSOE, cun 22,2%. O BNG tería un 0,5%. En intención directa de voto Podemos está en primeira posición, cun 19,3% e o PP en segunda, cun 12,9%. Descarga do barómetro completo
Fálase
Máis de 1400 mestres e alumnos de toda Galicia participan ata este venres na Coruña no VII Concurso Galego de Robótica, que organizan Igaciencia e a Fundación Barrié.
Neve e moito frío en Galicia nesta xornada, na que se alcanzaron xa temperaturas de -9º na Veiga ou -8º en Valdeorras. A vaga de frío continuará nos vindeiros tres días. Foto de @4gotas_com.
Renzi únese ao plan Tsipras contra a austeridade en Europa e defende levar a UE "ao crecemento" e "non só á austeridade".
O Superior dá seis meses ao Concello da Coruña para aprobar o proxecto de derruba do edificio Conde de Fenosa. O TSXG rexeita a petición de suspender a sentenza mentres non se pronuncie o Constitucional.
Os reitores galegos exixen que as taxas de máster se igualen ás de grao e aseguran que as carreiras en Galicia manterán a súa homoxeneidade tras a polémica reforma que coinciden en criticar.
O CIS publícase hoxe e confirmará o afundimento do PSOE, que non superaría o 20% de votos e quedaría como terceira forza no Estado.
A UE negocia ás agachadas que os sistemas de saúde paguen tratamentos privados no estranxeiro. Un documento do TISA propón o trasvase de financiamento estatal a empresas médicas doutro Estado.
4gotas detalla as zonas de Galicia nas que vai nevar entre a noite do martes e a mañá do mércores. Haberá neve en case todo o país agás nos puntos máis próximos ao litoral, prevén.
A Xunta volve deixar nas mans de cada centro escolar a responsabilidade de suspender ou non as clases pola alerta meteorolóxica. Como o pasado ano, Educación sinala que, ante a alerta por nevaradas prevista para mañá, as direccións dos centros "poderán adoptar as decisións oportunas" se perciben "risco".