El Diario está a publicar os gastos completos das tarxetas 'negras' de Caja Madrid e Bankia, entre cuxos beneficiarios hai tres galegos.

El Diario está a publicar os gastos completos das tarxetas 'negras' de Caja Madrid e Bankia, entre cuxos beneficiarios hai tres galegos.
Feijóo eloxia o conselleiro de Sanidade de Madrid, un "gran profesional" que "ten todo o meu respecto", segundo recolle La Voz. Toda a información sobre as reaccións de Feijóo e as protestas do persoal sanitario galego, esta tarde en Praza.
O Goberno central crea un comité de crise para a xestión do ébola dirixido pola vicepresidenta, Sáenz de Santamaría, e non pola ministra de Sanidade. Recólleo a Cadena SER
Persoal da UCI do Hospital Xeral de Vigo denuncia que os traxes de protección para o ébola que lles proporciona o Sergas non son impermeables. Recólleo Faro de Vigo
TVE usa imaxes dun hospital alemán para ilustrar unha nova sobre o tratamento do ébola no Carlos III de Madrid, segundo recolle El Economista
A moza paquistaní Malala Yousafzay, traballadora a prol da educación das nenas, gaña o Nobel da Paz xunto ao activista indio dos dereitos da infancia Kailash Satyarthi
Cinco mil persoas marchan pola sanidade pública en Vigo. Denunciaron os recortes e privatizacións e saíron en defensa da auxiliar infectada por ébola. Outras concentracións levaranse a cabo hoxe en Galicia.
Facenda embárgalle a indemnización a un pai que perdeu o fillo no accidente de Angrois. Cóntao La Voz
Empeora o estado de saúde da traballadora sanitaria contaxiada de ébola. Mentres, o Goberno de España e a Comunidad de Madrid seguen culpando a enferma do seu contaxio e o Ministerio dá en cambiar o protocolo contra a enfermidade ante a falta de coordinación e a indignación do persoal.
Lidia Senra denuncia en Bruxelas a entrega de convites e información taurina a menores de idade na Coruña. Acábao de anunciar Galicia Mellor Sen Touradas.