Cinco mil persoas marchan pola sanidade pública en Vigo. Denunciaron os recortes e privatizacións e saíron en defensa da auxiliar infectada por ébola. Outras concentracións levaranse a cabo hoxe en Galicia.
Fálase
Facenda embárgalle a indemnización a un pai que perdeu o fillo no accidente de Angrois. Cóntao La Voz
Empeora o estado de saúde da traballadora sanitaria contaxiada de ébola. Mentres, o Goberno de España e a Comunidad de Madrid seguen culpando a enferma do seu contaxio e o Ministerio dá en cambiar o protocolo contra a enfermidade ante a falta de coordinación e a indignación do persoal.
Lidia Senra denuncia en Bruxelas a entrega de convites e información taurina a menores de idade na Coruña. Acábao de anunciar Galicia Mellor Sen Touradas.
O BOE deste xoves recolle o convenio colectivo para futbolistas profesionais asinado entre Liga e xogadores, que fixa un soldo mínimo de 129.000 euros ao ano para os xogadores de Primeira e 64.500 para os de Segunda.
#Debate2014 Finaliza o debate de política xeral, no que o PP aceptou 6 propostas literais da oposición e onde houbo 11 acordos máis, a maioría entre os populares e o Grupo Mixto. Toda a información sobre a sesión e as propostas aprobadas, esta tarde en Praza.
O francés Patrick Modiano é o gañador do Premio Nobel de Literatura de 2014. Non figuraba entre os favoritos e é coñecido por novelas sobre o desencanto xeracional tras o Maio do 68 ou a ocupación alemá
#Debate2014 Comeza a segunda sesión do debate de política xeral, no que se abordan as propostas de resolución dos grupos. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
ECOAR realizará accións informativas sobre o TTIP en Vigo este sábado, uníndose aos tamén convocados na Coruña, Ourense ou Ferrol. En Ferrol, xa o venres, Isabel Vilalba (SLG) Manuel Martín (SOS Sanidade Pública) falarán sobre o Acordo Transatlántico no Ateneo
Le Monde sinala que "o fracaso do sistema sanitario español inquieta a Europa" ante a crise do ébola.