Le Monde sinala que "o fracaso do sistema sanitario español inquieta a Europa" ante a crise do ébola.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54362f0338705-4502427_3_3352_du-personnel-medical-se-rend-chez_74b2553cd782322b65702c58d23ff1ad.jpg)
Le Monde sinala que "o fracaso do sistema sanitario español inquieta a Europa" ante a crise do ébola.
O PSOE publica as súas contas internas. Nelas detalla, entre outros aspectos, que ten unha débeda de algo máis de 60 millóns ou o soldo e doazón de Pedro Sánchez ao partido. Pódense consultar na súa web.
ElDiario.es estrea hoxe o seu novo deseño, tamén na súa edición galega, editada en colaboración con Praza Pública.
Repsol non poderá abrir gasolineiras en Galicia durante un ano ao superar a cota do 30% do mercado. Recólleo Faro de Vigo
O hotel da Ribeira Sacra que recibiu case 5 millóns en subvencións permanece pechado dende marzo, segundo conta La Voz
O alcalde de Sober, do PP, organiza unha homenaxe ás vítimas do franquismo. Recólleo El País
Cañete, aprobado como comisario europeo cos votos a favor de populares e boa parte dos socialistas. Obtivo 83 votos a favor, 42 en contra e tres abstencións e será comisario de Clima e Enerxía.
Prolingua denuncia que tamén foi "excluída" polo comité de expertos do Consello de Europa que avalían o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, como xa fixeron a CTNL e a CGENDL. A entidade presentoulles un informe aos expertos malia non ser convidados ás xuntanzas.
Cultura Galega dedícalle un dossier á Lei de Arquivos, que entrará en vigor a finais de mes. A lei atende por vez primeira os arquivos dixitais, establece o xeito no que se pode acceder aos documentos públicos e prevé a creación de órganos que establezan qué tipo de documentos deben ser conservados.
A UE ameazou a Ecuador con eliminar axudas ao deservolvemento se non aceptaba o tratado de libre comercio, segundo revelan mensaxes confidenciais entre o embaixador ecuatoriano ante a UE e ministros de Rafael Correa e que foron filtradas. O acordo saíu adiante e está pendente de aprobación