ElDiario.es estrea hoxe o seu novo deseño, tamén na súa edición galega, editada en colaboración con Praza Pública.
Fálase
Repsol non poderá abrir gasolineiras en Galicia durante un ano ao superar a cota do 30% do mercado. Recólleo Faro de Vigo
O hotel da Ribeira Sacra que recibiu case 5 millóns en subvencións permanece pechado dende marzo, segundo conta La Voz
O alcalde de Sober, do PP, organiza unha homenaxe ás vítimas do franquismo. Recólleo El País
Cañete, aprobado como comisario europeo cos votos a favor de populares e boa parte dos socialistas. Obtivo 83 votos a favor, 42 en contra e tres abstencións e será comisario de Clima e Enerxía.
Prolingua denuncia que tamén foi "excluída" polo comité de expertos do Consello de Europa que avalían o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, como xa fixeron a CTNL e a CGENDL. A entidade presentoulles un informe aos expertos malia non ser convidados ás xuntanzas.
Cultura Galega dedícalle un dossier á Lei de Arquivos, que entrará en vigor a finais de mes. A lei atende por vez primeira os arquivos dixitais, establece o xeito no que se pode acceder aos documentos públicos e prevé a creación de órganos que establezan qué tipo de documentos deben ser conservados.
A UE ameazou a Ecuador con eliminar axudas ao deservolvemento se non aceptaba o tratado de libre comercio, segundo revelan mensaxes confidenciais entre o embaixador ecuatoriano ante a UE e ministros de Rafael Correa e que foron filtradas. O acordo saíu adiante e está pendente de aprobación
O Wall Street Journal faise eco da concesión "á Virxe María" da Medalla de Ouro ao Mérito Policial en España. O galardón xustifícase en que a imaxe relixiosa comparte valores policiais como "dedicación, caridade, solidaridade e sacrificio".
Tentan roubar no Centro de Interpretación Terras do Miño, na beira do río Rato, en Lugo. A Deputación luguesa salienta que o roubo foi evitado grazas ao sistema de alarma do recinto e lamenta a "pasividade" da Subdelegación do Goberno central, á que lle reclama "máis medidas de seguridade ante os constantes roubos, especialmente en zonas con menos densidade de poboación como esta zona periurbana" da capital da provincia.