A UE ameazou a Ecuador con eliminar axudas ao deservolvemento se non aceptaba o tratado de libre comercio, segundo revelan mensaxes confidenciais entre o embaixador ecuatoriano ante a UE e ministros de Rafael Correa e que foron filtradas. O acordo saíu adiante e está pendente de aprobación
Fálase
O Wall Street Journal faise eco da concesión "á Virxe María" da Medalla de Ouro ao Mérito Policial en España. O galardón xustifícase en que a imaxe relixiosa comparte valores policiais como "dedicación, caridade, solidaridade e sacrificio".
Tentan roubar no Centro de Interpretación Terras do Miño, na beira do río Rato, en Lugo. A Deputación luguesa salienta que o roubo foi evitado grazas ao sistema de alarma do recinto e lamenta a "pasividade" da Subdelegación do Goberno central, á que lle reclama "máis medidas de seguridade ante os constantes roubos, especialmente en zonas con menos densidade de poboación como esta zona periurbana" da capital da provincia.
O Concello da Coruña pagoulle 2.000 euros a un medio para que entrevistase ao alcalde, segundo denuncia o BNG. O grupo municipal tivo acceso a unha resolución da alcaldía onde se acorda abonarlle a unha axencia de publicidade 1.960,20 euros para que un xornal faga unha entrevista a Carlos Negreira sobre o ascenso do Deportivo.
O FROB enviará á Fiscalía "operacións sospeitosas" de NCG e CaixaCatalunya. O ministro De Guindos anunciou que se están a investigar vinte operacións de crédito das dúas entidades tras o escándalo das "tarxetas opacas" de Caja Madrid.
A Audiencia levanta a imputación aos 12 membros de Adif polo accidente de Angrois. O maquinista do tren volve ser o único imputado ao considerar os maxistrados que as probas periciais sobre a inseguridade da curva non son proba de cargo abonda. Máis información, esta mañá en Praza.
Blesa e Rato declararán como imputados polo caso das tarxetas 'negras' de Bankia, das que se beneficiaron tres directivos galegos. Cóntao El Diario
Profesionais do Centro de Saúde do Ventorrillo, na Coruña, denuncian a política de "bloqueos de consulta" e "intersubstitucións" da Xerencia, consistente en cubrir as baixas de médicos anulando citas dos usuarios e usuarias ou repartíndoas entre os demais facultativos do centro. Denuncian que se crea "lista de espera en Atención Primaria"
Alumnos e alumnas do CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia, negáronse este martes a tomar a comida de catering que se serve no seu comedor. Denuncian a mala calidade do servizo e demándanlle á Consellaría que volva abrir a cociña do centro
Público entrevista Xabier Fortes, vicepresidente do Consello de Informativos de TVE, que amosa a súa preocupación pola perda de credibilidade dos informativos e crítica o nomeamento de José Antonio Sánchez como presidente do ente: “Antes converxiamos coa BBC, agora con Telemadrid e Urdaci”