Persoal da UCI do Hospital Xeral de Vigo denuncia que os traxes de protección para o ébola que lles proporciona o Sergas non son impermeables. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
TVE usa imaxes dun hospital alemán para ilustrar unha nova sobre o tratamento do ébola no Carlos III de Madrid, segundo recolle El Economista
A moza paquistaní Malala Yousafzay, traballadora a prol da educación das nenas, gaña o Nobel da Paz xunto ao activista indio dos dereitos da infancia Kailash Satyarthi
Cinco mil persoas marchan pola sanidade pública en Vigo. Denunciaron os recortes e privatizacións e saíron en defensa da auxiliar infectada por ébola. Outras concentracións levaranse a cabo hoxe en Galicia.
Facenda embárgalle a indemnización a un pai que perdeu o fillo no accidente de Angrois. Cóntao La Voz
Empeora o estado de saúde da traballadora sanitaria contaxiada de ébola. Mentres, o Goberno de España e a Comunidad de Madrid seguen culpando a enferma do seu contaxio e o Ministerio dá en cambiar o protocolo contra a enfermidade ante a falta de coordinación e a indignación do persoal.
Lidia Senra denuncia en Bruxelas a entrega de convites e información taurina a menores de idade na Coruña. Acábao de anunciar Galicia Mellor Sen Touradas.
O BOE deste xoves recolle o convenio colectivo para futbolistas profesionais asinado entre Liga e xogadores, que fixa un soldo mínimo de 129.000 euros ao ano para os xogadores de Primeira e 64.500 para os de Segunda.
#Debate2014 Finaliza o debate de política xeral, no que o PP aceptou 6 propostas literais da oposición e onde houbo 11 acordos máis, a maioría entre os populares e o Grupo Mixto. Toda a información sobre a sesión e as propostas aprobadas, esta tarde en Praza.
O francés Patrick Modiano é o gañador do Premio Nobel de Literatura de 2014. Non figuraba entre os favoritos e é coñecido por novelas sobre o desencanto xeracional tras o Maio do 68 ou a ocupación alemá