O Parlament de Catalunya aproba a declaración de soberanía cos 85 votos a favor de CiU, ERC e ICV. 5 deputados do PSC non participaron na votación e a CUP fixo un si critico (un si e dúas abstencións).
Fálase
O PSOE destitúe o director da Fundación Ideas, Carlos Mulas, ao descubrir cobramentos de ata 3.000 euros para unha columnista que en realidade non existía. En El Mundo.
Cinco deputados do PSC non participarán na votación contra a declaración soberanista. Entre eles está o alcalde de Lleida, Àngel Ros, e outros nomes representativos do sector máis catalanista do partido.
Ecuador vén de demandar España ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo pola súa lexislación en materia de execucións hipotecarias.
O FMI empeora as previsións para España, que se contraerá un 1,5% este ano e crecerá un 0,8% en 2014. Aumenta en dúas décimas o descenso e rebaixa noutras dúas o crecemento.
AGE presentará unha iniciativa no Parlamento para establecer un plan de prevención da corrupción nas administracións. Anunciouno Yolanda Díaz logo da súa reunión co fiscal superior de Galicia, Carlos Varela.
O director xeral de Pesca de Asturias di que "aínda hoxe" se están a pagar "os danos" do Prestige. Asegura que hai especies cuxo nivel de capturas matense "por debaixo" de 2002.
Os PAS da Universidade de Santiago veñen de iniciar un peche indefinido no edificio da Balconada. Ao redor de 200 persoas protestan polos recortes dos seus dereitos laborais. Máis información nuns minutos en Praza.
Queremos Galego difunde un vídeo para animar á participación na manifestación deste domingo en Compostela.
A Audiencia de Barcelona obriga a investigar os bombardeos de pilotos italianos sobre a cidade durante a Guerra Civil e reabre a fronte xudicial para estudar os crimes do franquismo