O FMI pide á banca española que restrinxa o reparto de dividendos e bonus a directivos. Aplaude as medidas contra os desafiuzamentos e reclama máis poderes e independencia para o Banco de España.
Fálase
O BNG pregunta no Parlamento pola contratación de Isabel Pantoja en Luar. Montse Prado esixe que o director xeral da CRTVG dea contas polo caché pagado a unha persoa incursa nun proceso por delito continuado de branqueo de capitais.
Ministros e mandos militares de Venezuela reúnense ante o empeoramento de Chávez. O presidente venezolano sofre unha "nova e severa infección respiratoria".
Os concelleiros ata agora do PSdeG que promoven unha moción de censura en Vimianzo veñen de convocar a prensa nun hotel compostelán para as seis desta tarde.
Stop Desahucios protesta contra os desafiuzamentos en Compostela cun roteiro Popular polas oficinas do Banco Popular, ao que acusa de propiciar varias ordes de desaloxo na cidade.
A concelleira socialista na Coruña Yoya Neira pide nun artigo publicado na web de Novo Socialismo Galego que o PSdeG-PSOE volva "ao lugar que lle corresponde, á esquerda" e critica o rumbo dos últimos anos "cara a esa nada ideolóxica chamada centro"
El Periódico entrevista o historiador Josep Fontana, que amargamente afirma que "o sistema está preparado para evitar o estoupido social" mentres os movementos de contestación social non cheguen a "poñerlle o medo no corpo". Fontana sinala que "rematou unha época, a da vella política máis ou menos socialdemócrata, na que as cousas se negociaban"
Bruxelas pide a España que suba máis o IVE e que continúe coa reforma laboral e das pensións. Insiste en atrasar a idade efectiva de xubilación.
Yorokobu analiza "La España chunga en trece mapas", un repaso a través da cartografía dos indicadores de contaminación, lumes forestais, violencia de xénero ou sequía
O PP paraliza a lei de desafiuzamentos á espera dun ditame de Europa. Paralízase a tramitación da ILP presentada pola Plataforma de Afectados, que reinicia a presión sobre os deputados.