Merkel gaña as eleccións cun 33,5% dos votos e a ultradereita sería a terceira forza, segundo as sondaxes.

Merkel gaña as eleccións cun 33,5% dos votos e a ultradereita sería a terceira forza, segundo as sondaxes.
ÚLTIMA HORA | Agredida a presidenta das Cortes de Aragón polos ultras que bloquean o pavillón onde se celebra a asemblea pro-referendo en Zarragoza.
Unha concentración de ultras obriga a pechar o pavillón da asemblea pro-referendo convocada por Unidos Podemos. Asistentes aseguran que a policía non ten efectivos dabondo para garantir a seguridade porque moitos están en Catalunya.
Centos de ultras rodean o pavillón onde se celebra a asemblea pro-referendo organizada por Unidos Podemos e pechan a saída aos seus participantes. Vídeo de @tone_corunha.
Activada a situación de alerta en Viana do Bolo por un incendio achegado ás casas. O foco permanece activo na parroquia de Tabazoa de Umoso desde a noite do sábado.
Comeza en Zaragoza a #Asamblea24S a prol dun referendo pactado coa presenza dos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol e diferentes cargos públicos e de diferentes formacións.
A Xunta leva as navieiras das Cíes á Fiscalía por estafa e falsidade documental. O Goberno galego remítelle un informe da sobrevenda de billetes que reflicte tickets falsos ou cancelacións ficticias. Adiántao Faro de Vigo.
Feijóo mantería a súa maioría absoluta pero perdería un escano a favor de En Marea, segundo unha enquisa para La Voz de Galicia.
Feijóo carga contra o separatismo por "dividir a sociedade" mediante "unha tricheira ficticia" e volver pór Galicia como exemplo de estabilidade.
O Estado toma o control dos Mossos d'Esquadra, segundo adianta El Periódico. O fiscal superior de Cataluya convoca unha xuntanza cos mandos das forzas de seguridade para advertirlles que todos os corpos estarán coordinador baixo un "mando único" do Ministerio de Interior.