Feijóo mantería a súa maioría absoluta pero perdería un escano a favor de En Marea, segundo unha enquisa para La Voz de Galicia.

Feijóo mantería a súa maioría absoluta pero perdería un escano a favor de En Marea, segundo unha enquisa para La Voz de Galicia.
Feijóo carga contra o separatismo por "dividir a sociedade" mediante "unha tricheira ficticia" e volver pór Galicia como exemplo de estabilidade.
O Estado toma o control dos Mossos d'Esquadra, segundo adianta El Periódico. O fiscal superior de Cataluya convoca unha xuntanza cos mandos das forzas de seguridade para advertirlles que todos os corpos estarán coordinador baixo un "mando único" do Ministerio de Interior.
Puigdemont difunde un novo enlace cos locais de votación para o 1-O. Faino despois de que o TSJC instase a deshabilitar o link difundido anteriormente.
O Estado condiciona a titularidade pública dos peiraos á viabilidade do Porto da Coruña. O Goberno de Rajoy defende no Congreso que a estabilidade económica-financeira da Autoridade Portuaria é "prioritaria", sen concretar se axudará a asumir a súa millonaria débeda.
Joan Coscubiela di que participará na "mobilización" do 1-O. Moi crítico coa estratexia da Generalitat, asegura que a operación policial deste mércores tamén vulnera os dereitos democráticos.
Anticorrupción pide investigar pola quebra do Popular os seus ex-presidentes Ron e Saracho e os seus consellos de administración. Os galegos Ron e Arias, vicepresidente da entidade, acumularon 50 millóns de euros en pensións.
ÚLTIMA HORA | A Fiscalía quere abrir unha causa por sedición na Audiencia Nacional polas protestas en Barcelona. Adiántao a Cadena SER.
O Festival do Leite chega este sábado a Lugo con Touriñán, Caxade, Siniestro Total ou Terbutalina. O evento, organizado por Leite Noso, a compañía impulsada por gandeiros galegos que comercializa Deleite e Muu, celebra a súa segunda edición tras o éxito da do ano pasado en Santiago.
Interior avisa á Generalitat que enviará reforzos de Policía e Garda Civil para "manter a orde" e asegura que intervirán no caso de que o referendo siga adiante.