O Festival do Leite chega este sábado a Lugo con Touriñán, Caxade, Siniestro Total ou Terbutalina. O evento, organizado por Leite Noso, a compañía impulsada por gandeiros galegos que comercializa Deleite e Muu, celebra a súa segunda edición tras o éxito da do ano pasado en Santiago.
