Fálase
Galicia quedará sen fiscalía anticorrupción porque "non é unha das prioridades deste goberno", afirmou en entrevista coa Cadena Ser o presidente da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz. Ademais, denunciou que se producen "presións políticas" durante a investigación de casos de corrupción que afectan a cargos públicos.
Máis de 500 persoas detidas en Rusia, entre elas o líder opositor Alexéi Navalni, en marchas contra a corrupción
A segunda xornada da Asemblea Nacional do BNG comezou nun "ambiente festivo" co debate de emendas e intervencións en pleno da militancia como paso previo á votación final dos documentos políticos do encontro
Susana Díaz fai oficial en Madrid a súa candidatura co apoio de Felipe González, Guerra, Zapatero, Bono, Rubalcaba, Chacón e os presidentes autonómicos socialistas. A andaluza pon distancia con Podemos: "unha cousa é pactar con outro partido e outra é entregar o PSOE ou imitar o modelo do outro". Pedro Sánchez tamén se rodea de milleiros de persoas en Valencia destacando que "o PSOE debe elixir entre ser un partido do século XX ou do XXI"
Integrantes da Plataforma de Vítimas do Alvia entréganlle a Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero a petición para que se cree no Congreso unha comisión de investigación sobre o sinistro, e demandándolles o apoio do PSOE, que nos últimos dous anos vetou en varias ocasións esta proposta
Un xulgado coruñés arquiva outra denuncia contra o Concello polo cartel do entroido. O Xulgado de Instrucción número 8, a diferenza do número 3 (ao que terá que acudir o concelleiro de Culturas), rexeita que haxa delicto en representar alguén disfrazado de Papa aínda que isto poida ser "irreverente" para algunhas persoas
Varios colectivos sociais manifestáronse xunto a Podemos na tarde do sábado polas rúas de Santiago para reclamar o cumprimento do artigo 25 da Declaración dos Dereitos Humanos, que determina o dereito de todo individuo a acceder a "vivenda, sanidade e traballo".
Esta madrugada cambia a hora, de xeito que ás dúas serán as tres. O domingo o sol sairá ás 8:27 e se ocultará ás 20:52. O Consello da Cultura presentou esta semana un libro con traballos de catro autores que debaten sobre a necesidade de mudar o fuso horario
O presidente da xestora do PSOE, Javier Fernández, carga contra Pedro Sánchez, sinalando que "democratizar o partido non é convertelo nunha asemblea permanente" e afirmando que o PSOE "non debe ser unha plataforma ao servizo dun líder"