Susana Díaz fai oficial en Madrid a súa candidatura co apoio de Felipe González, Guerra, Zapatero, Bono, Rubalcaba, Chacón e os presidentes autonómicos socialistas. A andaluza pon distancia con Podemos: "unha cousa é pactar con outro partido e outra é entregar o PSOE ou imitar o modelo do outro". Pedro Sánchez tamén se rodea de milleiros de persoas en Valencia destacando que "o PSOE debe elixir entre ser un partido do século XX ou do XXI"
