O PPdeG asegura que Galicia perdeu 120 millóns de euros pola folga xeral, aínda que evita falar de "gañadores ou perdedores" en relación ao paro. "Perdeu España en xeral e Galicia en particular", di o voceiro popular, Antonio Rodríguez Miranda.
Fálase
O Colexio Profesional de Xornalistas denuncia o "trato policial" recibido polo cámara da CIG na folga xeral, subliña os danos físicos que sufriu por parte dos axentes antidisturbios e anuncia unha protesta formal ante a Delegación do Goberno central en Galicia. A nova, na web do CPXG.
Un milleiro de afectados polos depósitos preferentes marcharon polo centro de Santiago protestando contra a "estafa" que denuncian ter sufrido pola súa entidade "de toda a vida" e para reclamar que lles devolvan os seus "aforros". A plataforma do Morrazo entregou 3.000 sinaturas ao Valedor do Pobo.
O Consello de Informativos da web de RTVE "esíxelle" á deputada do PP Susana Camarero que "rectifique" as súas acusacións de manipulación informativa, "máis graves aínda por facerse en sede parlamentaria". Velaquí o comunicado dos traballadores.
A Xunta mantén que a economía galega creceu un 0,5% en 2011 malia que o INE sitúa a cifra nun 0,3%. O Goberno galego, a través dun comunicado, atribúe esta diferenza entre os datos estatais e os do IGE "a un cambio de metodoloxía que impide realizar comparacións homoxéneas". Ademais, o Executivo asegura que a economía galega comportarase en 2012 mellor que a española.
Xa está dispoñible a nova web da Real Academia Galega (RAG), que inclúe un dicionario en liña.
Allariz acolle, do 31 de marzo até o 8 de abril, a Feira do libro galego de ocasión e segunda man. Este outlet do libro, organizado polo Concello de Allariz, a Asociación Galega de Editores e a libraría Aira das Letras, celebrarase na Ptaza de Abastos da vila.
A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebra do 4 ao 8 de abril, está dedicada á Marea Branca, aos voluntarios do Prestige. Máis información en Que pasa na costa
Emilio Botín defende as reformas "imprescindibles" do Goberno do PP. O presidente od Banco Santander apoiou as medidas do Executivo ante a xuta de accionistas da entidade por seren "duras no curto prazo, pero imprescindibles de cara ao futuro".
Dende hoxe fica suprimido o Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia.