A Xunta mantén que a economía galega creceu un 0,5% en 2011 malia que o INE sitúa a cifra nun 0,3%. O Goberno galego, a través dun comunicado, atribúe esta diferenza entre os datos estatais e os do IGE "a un cambio de metodoloxía que impide realizar comparacións homoxéneas". Ademais, o Executivo asegura que a economía galega comportarase en 2012 mellor que a española.
Fálase
Xa está dispoñible a nova web da Real Academia Galega (RAG), que inclúe un dicionario en liña.
Allariz acolle, do 31 de marzo até o 8 de abril, a Feira do libro galego de ocasión e segunda man. Este outlet do libro, organizado polo Concello de Allariz, a Asociación Galega de Editores e a libraría Aira das Letras, celebrarase na Ptaza de Abastos da vila.
A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebra do 4 ao 8 de abril, está dedicada á Marea Branca, aos voluntarios do Prestige. Máis información en Que pasa na costa
Emilio Botín defende as reformas "imprescindibles" do Goberno do PP. O presidente od Banco Santander apoiou as medidas do Executivo ante a xuta de accionistas da entidade por seren "duras no curto prazo, pero imprescindibles de cara ao futuro".
Dende hoxe fica suprimido o Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia.
The Guardian editorializa sobre a economía española e relaciona a folga xeral e os recortes que hoxe anunciará o Goberno central. Emprega un ilustrativo título: Austerity: pain in Spain
#folgaxeral O presidente da CEOE, Joan Rosell, resta valor á incidencia da folga e insiste en afondar no proceso de "reformas". Fíxoo esta mañá, nunha entrevista na Cadena SER.
#folgaxeral Toxo e Méndez advirten que o 1 de maio "podería haber un novo anuncio" se o Goberno non move ficha e abre unha negociación para corrixir a reforma laboral. Os secretarios xerais de CCOO e UGT non descartan que se convoque unha nova folga xeral.
Entre a prensa contraria á mobilización, El Mundo opta por falar de "fracaso sindical", mentres que ABC fala de "folga pouco xeral" e outros, como Expansión dan as mobilizacións por fracasadas e ven vía libre para máis recortes.