The Guardian editorializa sobre a economía española e relaciona a folga xeral e os recortes que hoxe anunciará o Goberno central. Emprega un ilustrativo título: Austerity: pain in Spain
Fálase
#folgaxeral O presidente da CEOE, Joan Rosell, resta valor á incidencia da folga e insiste en afondar no proceso de "reformas". Fíxoo esta mañá, nunha entrevista na Cadena SER.
#folgaxeral Toxo e Méndez advirten que o 1 de maio "podería haber un novo anuncio" se o Goberno non move ficha e abre unha negociación para corrixir a reforma laboral. Os secretarios xerais de CCOO e UGT non descartan que se convoque unha nova folga xeral.
Entre a prensa contraria á mobilización, El Mundo opta por falar de "fracaso sindical", mentres que ABC fala de "folga pouco xeral" e outros, como Expansión dan as mobilizacións por fracasadas e ven vía libre para máis recortes.
A práctica totalidade dos diarios impresos do Estado abren as súas portadas con imaxes da folga xeral, aínda que con diferentes interpretacións. Entre os que levan á súa primeira páxina a importante participación nas manifestacións está Ara, que as interpreta como un "aviso a Rajoy"
#folgaxeral O cámara da CIG que foi detido en Vigo conta o sucedido en El País: "Un dos antidisturbios púxome un xeonllo enriba"
#folgaxeral Masiva afluencia ás manifestacións de Madrid e Barcelona. Así está a Porta do Sol. Imaxe de @agusperezblanco
#folgaxeral O Goberno insiste en que "o impacto da folga é moi moderado" e asegura que a actividade económica foi "menos afectada que en anteriores conflitos".
#folgaxeral El País ofrece en directo os incidentes que se están a producir en Barcelona
#folgaxeral O concelleiro do BNG en Compostela Rafa Vilar informa de que Conde Roa, que esta tarde preside o pleno municipal -ao que o Bloque non acudiu- presentou unha moción de urxencia para "condear os incidentes" da xornada de folga