#folgaxeral Masiva afluencia ás manifestacións de Madrid e Barcelona. Así está a Porta do Sol. Imaxe de @agusperezblanco
Fálase
#folgaxeral O Goberno insiste en que "o impacto da folga é moi moderado" e asegura que a actividade económica foi "menos afectada que en anteriores conflitos".
#folgaxeral El País ofrece en directo os incidentes que se están a producir en Barcelona
#folgaxeral O concelleiro do BNG en Compostela Rafa Vilar informa de que Conde Roa, que esta tarde preside o pleno municipal -ao que o Bloque non acudiu- presentou unha moción de urxencia para "condear os incidentes" da xornada de folga
#folgaxeral Arrancan as manifestacións en Madrid e Barcelona contra a reforma laboral cunha masiva afluencia en ambas as dúas.
#folgaxeral A Xunta actualiza o seu seguemento da xornada de paro xeral e asegura que na Administración autonómica, por provincias, foi do 35,83% na Coruña, do 24,37% en Lugo, do 16,97% en Ourense e do 49,01% en Pontevedra.
Un piquete moi numeroso percorre o centro de Vigo nestes momentos. El Corte Ingles de Gran Vía segue pechado #folgaxeral
Toxo e Méndez falan dun "éxito indiscutible" na folga xeral. Os secretarios xerais de CCOO e UGT aseguran que tiñan razón ao esixir que a reforma laboral sexa modificada "en profundidade" e cren que a súa petición é agora máis xustificada se cadra tras a participación "masiva e maioritaria" dos traballadores no paro.
#folgaxeral O PP acusa dende Twitter á CIG, á que cualifica de "brazo sindical do BNG", de procurar a redución do operativo contra incendios
Axentes antidisturbios permanecen ante o Concello de Santiago, onde o alcalde, Gerardo Conde Roa, resolveu celebrar pleno ordinario malia á folga e ás críticas da oposición.