#folgaxeral El País ofrece en directo os incidentes que se están a producir en Barcelona
Fálase
#folgaxeral O concelleiro do BNG en Compostela Rafa Vilar informa de que Conde Roa, que esta tarde preside o pleno municipal -ao que o Bloque non acudiu- presentou unha moción de urxencia para "condear os incidentes" da xornada de folga
#folgaxeral Arrancan as manifestacións en Madrid e Barcelona contra a reforma laboral cunha masiva afluencia en ambas as dúas.
#folgaxeral A Xunta actualiza o seu seguemento da xornada de paro xeral e asegura que na Administración autonómica, por provincias, foi do 35,83% na Coruña, do 24,37% en Lugo, do 16,97% en Ourense e do 49,01% en Pontevedra.
Un piquete moi numeroso percorre o centro de Vigo nestes momentos. El Corte Ingles de Gran Vía segue pechado #folgaxeral
Toxo e Méndez falan dun "éxito indiscutible" na folga xeral. Os secretarios xerais de CCOO e UGT aseguran que tiñan razón ao esixir que a reforma laboral sexa modificada "en profundidade" e cren que a súa petición é agora máis xustificada se cadra tras a participación "masiva e maioritaria" dos traballadores no paro.
#folgaxeral O PP acusa dende Twitter á CIG, á que cualifica de "brazo sindical do BNG", de procurar a redución do operativo contra incendios
Axentes antidisturbios permanecen ante o Concello de Santiago, onde o alcalde, Gerardo Conde Roa, resolveu celebrar pleno ordinario malia á folga e ás críticas da oposición.
Moitas intervencións en twitter denuncian #manipulacion na TVG. No Telexornal do mediodía case non se falou da #folgaxeral, e cando se fixo foi ser dar cifras de participación nas manifestación, sen planos xerais das mesmas e salientando a "desunión sindical". A TVG primou a información e as imaxes sobre a actividade dos piquetes informativos por riba das crónicas das mobilizacións, relegadas á segunda metade do Telexornal.
A Praza da Quintana tamén quedou pequena #folgaxeral