O Tribunal Constitucional rexeita por nove votos contra dous recusar o seu presidente por militar no PP.
Fálase
Un estudo da Universidade de Vigo, dirixido polo profesor Alberto Pena, salienta o potencial da publicidade en galego e denuncia as negativas consecuencias derivadas da rebaixa do uso do idioma por parte da Xunta. O estudo destaca a Adegas Martín Códax, Pescanova ou R, como exemplos dun cambio en positivo.
A autoestrada Madrid-Guadalajara, en concurso con 400 millóns de débeda. O concurso únese ao doutras vías de peaxe (R3, Madrid Ocaña ou Madrid-Toledo, entre outras), que suman quebras multimillonarias.
Os galegos traballan máis e cobran menos que a media estatal. O custo laboral por hora é dos máis baixos de España, segundo os últimos datos do INE.
O PP evita a no Parlamento a reprobación do alcalde de Baralla, que xustificou os crimes do franquismo. Máis información, esta mañá en Praza.
A Xunta informa dun incendio activo en Arbo e doutros dous controlados en Piñor e Tui. O Goberno galego segue sen ofrecer datos dos lumes de menos de vinte hectáreas.
Feijóo sinala en TVE que non se "atrevería a dicir" que exista unha "trama organizada" para provocar incendios. En 2006, como líder da oposición, o actual presidente amosouse partidario da teoría da existencia desa "trama"
O Celta marca o primeiro gol da historia do novo San Mamés por medio de Charles, pero cae finalmente ante o Athletic (3-2) nun vibrante partido.
O persoal de Povisa retoma as mobilizacións tras os incumprimentos da empresa e a súa negativa a negociar un novo convenio
Investigadores do colectivo Carta por la Ciencia solicitan unha reunión a todos os partidos parlamentarios para que nos Orzamentos de 2014 se incremente en 636 millóns de euros a partida destinada a I+D.