A axencia de cualificación Standard&Poor's rebaixa a nota da débeda de Galicia. En El País.
Fálase
O colectivo Sei o que nos figestes... lanza unha parodia do vídeo musical da campaña do PP e anima a votar a forzas políticas que non sexan os populares
ADEGA recorre o auto de sobresemento da denuncia penal contra o alcalde de Barreiros e arquitecta municipal por concesión ilegal de licencias de obra. Advírtelle ao Concello de Barreiros e á Xunta que poñerá "todo o seu esforzo e empeño en que estas actuacións non queden impunes".
CCOO e UGT convocarán folga xeral para o 14 de novembro. Ratificarán este venres a convocatoria para a data na que tamén haberá un paro en Grecia e Portugal. Cóntao El Diario. A CIG xa advertira que se uniría.
O contratos de Pemex con estaleiros galegos son unha promesa política de hai cinco anos. Así o asegura en México o diario Contralínea nunha ampla reportaxe na que afirma que o presidente Calderón leva a cabo así un compromiso feito polo falecido Juan Camilo Mouriño a empresas galegas. A información dá detalles sobre os polémicos acordos entre a Xunta e a petroleira estatal mexicana.
A Audiencia Nacional imponlle a Gorriarán comparecencias cada quince días. Foi despois de que a Fiscalía Anticorrupción pedise a retirada do pasaporte do ex directivo de Novagalicia Banco.
Esperanza Aguirre asegura en Vigo que "os nenos deben saber que España ten 3.000 anos de historia". O presidente da Xunta e candidato á reelección atribuíralle 500 anos. En El Diario.
As Novas Xeracións do PP lanzan un vídeo en apoio a Alberto Núñez Feijóo no que varios mozos e mozas din a súa razón para apoiar o candidato á reelección. Titúlano ¿Porque os mozos van a votar a Feijóo?
Novagalicia podería ter que vender EVO Bank para recibir axudas. Sería unha das condicións que poría Bruxelas e que pasaría tamén polo peche da rede do banco filial da entidade galega.
Os cabezas de lista de Compromiso por Galicia presentan diante do Parlamento as súas condicións para apoiar un goberno alternativo ao PP