Esperanza Aguirre asegura en Vigo que "os nenos deben saber que España ten 3.000 anos de historia". O presidente da Xunta e candidato á reelección atribuíralle 500 anos. En El Diario.

Esperanza Aguirre asegura en Vigo que "os nenos deben saber que España ten 3.000 anos de historia". O presidente da Xunta e candidato á reelección atribuíralle 500 anos. En El Diario.
As Novas Xeracións do PP lanzan un vídeo en apoio a Alberto Núñez Feijóo no que varios mozos e mozas din a súa razón para apoiar o candidato á reelección. Titúlano ¿Porque os mozos van a votar a Feijóo?
Novagalicia podería ter que vender EVO Bank para recibir axudas. Sería unha das condicións que poría Bruxelas e que pasaría tamén polo peche da rede do banco filial da entidade galega.
Os cabezas de lista de Compromiso por Galicia presentan diante do Parlamento as súas condicións para apoiar un goberno alternativo ao PP
O Círculo de Empresarios pide reformar as pensións e baixar as prestacións por desemprego e os soldos dos funcionarios. Considera que é a mellor opción para evitar o rescate en España, segundo conta Europa Press.
#eleccións21O Esperanza Aguirre reaparece en Vigo. O seu primeiro acto público tras dimitir da Presidencia da Comunidade de Madrid é para apoiar a candidatura de Alberto Núñez Feijóo. (Foto: @JaviDorado)
Comezan en toda Galicia as manifestacións estudantís contra os recortes e a reforma educativa. Celébranse en máis de vinte vilas e cidades do país. Imaxe de @cesarsantisoeu
Preséntase mañá xoves a Alianza Social Galega. Será nun acto na sede do Mupega ás 12 en Santiago, onde se dará a coñecer a unión neste colectivo de máis de 60 organizacións sindicais e sociais galegas.
A Fiscalía rexeita a suspensión do xuízo do Prestige pola ausencia da armadora ao entender que a incomparecencia obedece a un intento de "evitar ser enxuizada polos tribunais españois". A suspensión fora solicitada polo avogado do capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras.
As polítícas de austeridade e o rescate levarán este ano a economía portuguesa a caer case un 3% no seu terceiro ano de recesión.