Marine Le Pen domina amplamente no voto obreiro en Francia, segundo unha sondaxe que vén de publicar Ifop. A candidata da Fronte Nacional obtén o 43% dos apoios, moi por diante de Macron (17%) e Mélenchon (15,5%)
Fálase
Un tuiteiro vigués, xulgado na Audiencia Nacional por pedir a liberdade para un preso dos GRAPO "por motivos humanitarios". Foi igualmente preguntado pola Fiscalía por escribir que "os dereitos dos traballadores non se obteñen no Parlamento, conquístanse loitando na rúa"
WhatsApp podería poñer en marcha a opción de borrar mensaxes ata dous minutos despois de envialos
Trump rescindirá este martes seis políticas contra o cambio climático aprobadas por Obama. As novas medidas impulsarán a produción enerxética con combustibles fósiles e poñen en risco o Acordo de París.
O PSOE celebrará as súas primarias, probablemente, o 21 de maio, un mes antes do Congreso do partido, fixado para o 16 e 17 de xuño
VÍDEO | A Mesa impulsa a recollida de sinaturas para a súa ILP a prol dos dereitos lingüísticos cunha campaña que apela a "cargarse de sentido común". Recolleuno Nós TV
Alejandro Quiñoá, novo presidente da Coordinadora Galega de ONGD. Delegado en Galicia da Asemblea de Cooperación pola Paz, colle o relevo de Gema Filgueira despois de seis anos como máxima representante da organización. As incorporacións de AIDA e Semilla para el Cambio elevan a 45 o número de entidade que conforman a CONGD
Masivas manifestacións en Chile piden a fin do sistema privado de pensións, instaurado por Pinochet en 1981, que obriga a entregar un 10% dos salarios a entidades privadas e que ten como resultado prestacións cunha contía moi baixa. Centos de milleiros de persoas participaron nas marchas en todas as cidades do país
Unha curta galega, premiada no CineGlobe, o festival de cinema e ciencia organizado polo CERN. Einstein-Rosen, dirixido por Olga Osorio, está ambientado no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns despois de que o máis pequeno aegure ter atopado un burato de verme