A primeira ministra británica manifestouse contra a saída da UE pouco antes do 'Brexit', que agora defende. The Guardian revela as manifestacións de Theresa May cando era ministra do Interior do Reino Unido.

A primeira ministra británica manifestouse contra a saída da UE pouco antes do 'Brexit', que agora defende. The Guardian revela as manifestacións de Theresa May cando era ministra do Interior do Reino Unido.
O recibo da luz encadea seis meses de subas e apunta a novos incrementos no remate do ano. Cóntao eldiario.es
O BNG rexistra no Parlamento a súa primeira iniciativa da lexislatura, o 'Plan Retorna', un paquete de medidas destinado a fomentar o regreso de
José Blanco pide “consenso” sobre o momento en que os políticos deben deixar os cargos por estar implicados nunha causa xudicial e pide respectar a presunción de inocencia de Rita Barberá. A súa propia imputación no caso Campeón foi arquivada logo polo Tribunal Supremo.
VÍDEO | A Asemblea Xeral da ONU aproba unha resolución contra o bloqueo a Cuba sen votos en contra por primeira vez na historia. É o vixésimo quinto ano consecutivo que se votaba unha iniciativa coma esta, pero desta volta Estados Unidos abstívose.
Rafael Louzán declárase vítima dun "xuízo político". Afirmouno tras comparecer no xulgado que se dispón a decidir se xulga o ex-presidente da Deputación e do PP de Pontevedra e actual titular da Federación Galega de Fútbol por presunto delito de suborno pasivo. Cóntao El País
Celébranse arestora as concentracións contra a LOMCE baixo o lema #NinReválidasNinLOMCE. Culmina así unha xornada de protestas contra a lexislación educativa do PP. Na imaxe, a concentración de Vigo (foto: @GalizaNovaVigo)
Rajoy preséntase á investidura como garantía da "fin da incerteza" e reclama "acordos" ao resto de grupos nun discurso de pouco máis de 45 minutos. Crónica da primeira sesión da investidura, en eldiario.es
AO VIVO | Sesión de investidura de Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados. Este mércores o candidato do PP pronuncia o seu discurso e o xoves será a quenda para do resto de grupos e a primeira votación, na que precisaría maioría absoluta. En directo, nesta ligazón.
Pedro Sánchez confirma que acudirá á sesión de investidura e votará "non a Mariano Rajoy". Así o vén de sinalar o ex-secretario xeral do PSOE pouco despois de que o voceiro do partido instase a acatar a abstención. Non detalla como actuará na votación definitiva, o sábado.