As sondaxes a pé de urna en Italia danlle a vitoria ao centroesquerda de Bersani (34-38%), seguido de Berlusconi (28-32%) e Beppe Grillo (19-21%). Monti fica por debaixo do 10%.
Fálase
Xosé Luís Méndez Ferrín vén de presentar a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega. Este luns o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, denunciou nunha entrevista en La Voz de Galicia un intento de "colonización" da institución por parte do ILG e do Consello da Cultura. E a Mesa pediu "explicacións" por supostas "presións" para que a RAG "non presentase o recurso en defensa do galego no ensino". Máis información, nuns minutos en Praza.
O deputado de UPyD Toni Cantó afirma en twitter que "a maior parte das denuncias por violencia de xénero son falsas". O comentario provocou xa centos de reaccións nas redes sociais.
Catro concellos galegos reclaman no Supremo que a Igrexa pague o IBI. Amoeiro e Coles, gobernados polo PSOE, e A Peroxa e Vilamarín, do PP, únense así ás reclamacións que xa fixeran varios municipios con alcaldías do BNG.
Un grupo de PAS, PDI e estudantes comezou ás once da mañá un peche de 24 horas na Facultade de Filosofía da USC para protestar contra os recortes na universidade pública
PAS da USC concéntranse ás portas do Parlamento no comezo do debate dos Orzamentos. Este martes colectivos sociais de todo tipo protestarán contra os recortes nos fondos destinados a ensino, sanidade, benestar e outros servizos públicos.
A concelleira de Cultura de Marbella, Carmen Díaz (PP), afirma en twitter que a educación pública é "proteccionista, crea cidadáns subsidiarios, débiles e dependentes. Non cumpre a igualdade de oportunidades". Ante a polémica xerada borrou o tweet en pouco tempo.
Unhas 30 persoas ocupan nestes momentos a oficina de servizos sociais da Coruña para esixirlle ao Concello que lle facilite "unha vivenda digna" a Aurelia Rey ou que a compense economicamente.
Stop Desafiuzamentos anuncia en rolda de prensa que se chegou a un acordo para paralizar o desaloxo de Aurelia Rey. Non se detallaron as condicións do acordo, máis aló de que Aurelia Rey acorda abandonar a vivenda e ten dous meses para buscar unha nova casa. Non se informou se os propietarios a compensarán economicamente
O Congreso cambia as subscricións á prensa impresa que lles ofrecía aos deputados e deputadas por subscricións ás edicións de pago dos xornais dixitais. Segunso fontes da Mesa do Congreso, a razón principal desta medida é "avanzar na modernización"