O Festival de Cine Euroárabe Amal anuncia a suspensión das súas actividades en Santiago a causa da falta de apoios institucionais. Veñen de comunicalo a través da súa web.
Fálase
Novacaixagalicia e a Xunta recorren a operación acordeón de Novagalicia Banco. Impugnan xudicialmente a decisión do FROB, que deixou a cero a participación da caixa na entidade bancaria, segundo conta Europa Press.
O derbi galego entre Deportivo e Celta xogarase o venres 15 de marzo ás 21.30 horas, segundo anuncia a Liga de Fútbol Profesional na súa páxina web.
Carme Chacón anuncia que non votará a favor do dereito a decidir no Congreso e pon o seu escano a disposición do PSC
- Comeza na praza do Toural, en Compostela, a protesta de persoal e alumnado da USC contra os recortes na institución académica
- Os antidisturbios despréganse ante o Parlamento a dez minutos do comezo das protestas contra os recortes dos Orzamentos
Rubalcaba descarta a ruptura co PSC, pero pide unha revisión da súa relación. O líder socialista de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, pediu que o PSOE rompese co PSC se os socialistas cataláns, como anunciaron, votan a favor do dereito a decidir de Catalunya esta tarde no Congreso.
O centroesquerda de Bersani tamén gaña finalmente no Senado, pero lonxe na maioría absoluta. Bersani ten 120 senadores, Berlusconi 117, Beppe Grillo 54 e Monti 18.
Esta mañá o Parlamento aproba definitivamente os Orzamentos Xerais para 2013. O Pazo do Hórreo está de novo blindado por unidades de antidisturbios, que agardan pola protesta de persoal e alumnado da universidade, convocada para as 12.
Venezuela ordena o peche das tendas de Zara durante 72 horas despois de que as empresas modificasen os seus prezos pola devaluación do bolívar.