O derbi galego entre Deportivo e Celta xogarase o venres 15 de marzo ás 21.30 horas, segundo anuncia a Liga de Fútbol Profesional na súa páxina web.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/512c990c0c639-508cdc331d159-img_4596copy.jpg)
O derbi galego entre Deportivo e Celta xogarase o venres 15 de marzo ás 21.30 horas, segundo anuncia a Liga de Fútbol Profesional na súa páxina web.
Carme Chacón anuncia que non votará a favor do dereito a decidir no Congreso e pon o seu escano a disposición do PSC
Rubalcaba descarta a ruptura co PSC, pero pide unha revisión da súa relación. O líder socialista de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, pediu que o PSOE rompese co PSC se os socialistas cataláns, como anunciaron, votan a favor do dereito a decidir de Catalunya esta tarde no Congreso.
O centroesquerda de Bersani tamén gaña finalmente no Senado, pero lonxe na maioría absoluta. Bersani ten 120 senadores, Berlusconi 117, Beppe Grillo 54 e Monti 18.
Esta mañá o Parlamento aproba definitivamente os Orzamentos Xerais para 2013. O Pazo do Hórreo está de novo blindado por unidades de antidisturbios, que agardan pola protesta de persoal e alumnado da universidade, convocada para as 12.
Venezuela ordena o peche das tendas de Zara durante 72 horas despois de que as empresas modificasen os seus prezos pola devaluación do bolívar.
Un cento de afectados polas preferentes reteñen durante unha hora varios concelleiros do Porriño. Ocuparon o salón de sesións e pedíronlles aos edís do PP que asinasen o compromiso de abandonar o partido se non chegan a unha solución para devolver os aforros retidos.
A prensa italiana salienta a ingobernabilidade do país despois das eleccións de onte