Un cento de afectados polas preferentes reteñen durante unha hora varios concelleiros do Porriño. Ocuparon o salón de sesións e pedíronlles aos edís do PP que asinasen o compromiso de abandonar o partido se non chegan a unha solución para devolver os aforros retidos.
