O resultado electoral en Italia dispara a prima de risco española 40 puntos até superar a cota dos 400 e a italiana sobe até os 330
Fálase
As eleccións italianas deixan un escenario complexo para a gobernabilidade. O centroesquerda de Bersani foi o máis votado (30%) cunha lixeira vantaxe sobre Berlusconi (28%) e Beppo Grillo (25%) e dominará o Congreso con maioría absoluta, grazas a un sistema electoral que favorece a conformación de maiorías. Porén, o PDL de Berlusconi ten máis senadores (123) que Bersani (104) e ambos terán que buscar o apoio de Monti (17) ou Grillo (57)
Xosé Antonio Touriñán anuncia o final de Tourilandia, programa humorístico de éxito na TVG. "Deciden que ata aquí chegou a nosa viaxe", asegura na súa conta de Twitter. O programa emitirase por última vez este martes.
O programa Disimulen, que dirixe Iago Martínez en Cuac FM, repasa esta tarde o primeiro ano de Praza Pública. Podedes escoitalo dende esta ligazón.
O xuíz prohíbelle a Luis Bárcenas, ex tesoureiro do PP, saír de territorio español por risco de fuga. Recólleo El Diario.
O colectivo Novo Socialismo Galego anima a asinar o seu manifesto: "O que suceda dependerá de nós. Da nosa capacidade de rexeneración"
Beiras intervén por unha "cuestión de orde" no pleno do Parlamento e explícalle á presidenta que empregar o termo "estúpido" nun debate parlamentario "non constitúe un improperio nin un insulto, senón un epíteto" que "ten o mesmo étimo que estupefacto". O voceiro de AGE, que reclamaba que se "poida falar con liberdade" tras un apercibimento ao deputado David Fernández, foi chamado á orde por Pilar Rojo "por non sentar" cando llo indicou.
El Diario recompila os datos sobre violencia machista "que demostran que Toni Cantó mente" ao afirmar que a maioría das denuncias son falsas.
En Italia as primeiras proxeccións con escrutinio real contradín as sondaxes a pé de urna. Berlusconi tería unha lixeira vantaxe no Senado (31%) sobre o centroesquerda (29%) e o Movemento 5 Estrelas obtería un resultado mellor do agardado (25%). Estes resultados farían moi difícil a gobernabilidade.
As sondaxes a pé de urna en Italia danlle a vitoria ao centroesquerda de Bersani (34-38%), seguido de Berlusconi (28-32%) e Beppe Grillo (19-21%). Monti fica por debaixo do 10%.